TREBACZ, GOSIA
AR+arte_ terapias alternativas, é un amplo volume que recolle imaxes e textos realizados desde diferentes disciplinas e emocións artísticas. O seu contido narra o proceso creativo de cada artista participante e da propia autora do proxecto, Gosia Trebacz, quen escolleu un escenario cunha identidade única, a enigmática Fábrica de Armas da Coruña.
A maquetación e montaxe deste libro requiriu dunha coidada atención durante o proceso editorial pola dimensión e intencionalidade do proxecto. O resultado é unha edición especial onde cada exemplar considérase unha peza de arte que non deixará indiferente a ninguén.