DIRGELA, TOMAS
O meu nome é Xoán e o meu pai é escritor. Escribe libros para peques no seu despacho, pero non sei por que lle chama así se non despacha nada.
Xoán non entende por que o seu papá non escribe. Tan só camiña dun extremo ao outro do despacho sen parar! Entrementres, o seu papá non atopa a inspiración necesaria para rematar o libro que comezou...
Que ocorre cando non acontece nada?